fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Agosto 2021 13:21

Obradoiro de circo!

Obradoiro de circo!

Este Obradoiro de circo encádrase dentro do festival CAMICIRCO que terá lugar os días 11 e 12 de setembro no Concello de Soutomaior.  Trátase dun festival adicado ao mundo das artes circenses co que se quere consolidar unha nova propostacultural do municipio e no Camiño. Incluíra un amplo programa de espectáculos no que se mesturan varias disciplinas e nas que participan compañías galegas e de fóra. Un festival que mestura humor, ilusión, cultura e diversión e tamén aprender e experimentar de aí que durante este obradoiro de iniciación a través do xogo  achegarémonos a estas técnicas de circo divertíndonos, aprendendo a coñecer  mellor as nosas posibilidades e cualidades físicas e traballando a confianza en nós mesmos/as.

Dividiremos o gran grupo en tres pequenos grupos para poder pasar por cada unha das estacións circenses e así todos e todas poderemos probar cada unha das técnicas.

Para participar soamente se precisa roupa cómoda.

Data, hora e lugar do obradoiro:sábado 11 de setembro ás 18.30 h no Peirao de Arcade

Idade:a partir de 6 anos todas as idades.

Prazas:30. Tres grupos de 10 persoas

Duración:1 h

Custe: de balde

Imparte: KambaiotaTroup.

Kanbahiota  significa "voltereta"  en brasileiro, e iso mesmo é o que vén facendo esta  compañía de Madrid desde o 2002. O circo, o teatro, a música, a danza son as ferramentas que usan para realizar os espectáculos.

Inscricións en liña en: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal-2/vista-mensual/eventodetalle/2653/obradoiro-de-circo-camicirco


Publicado en Cultura
Visto 605 veces