fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 20 Setembro 2021 11:55

SoutoMareiro! festival musical

SoutoMareiro! festival musical

 "SoutoMareiro", talento xuvenil ao vivo unha cita que terá lugar o venres  24 de setembro ás 21.30 h no Peirao de Arcade.

O Concello de Soutomaior deseña este evento musical cun formato similar ao dun festival de música que nesta ocasión reúne a dúas artistas mozas nun único día co fin de poñer en valor os novos valores do panorama musical galego onde a tradición e a innovación van da man para amosar que a mocidade ten moito talento e que emprende proxectos moi interesantes e vangardistas que cobran vida a través de propostas como esta.

O obxectivo é promover unha proposta cultural con carácter festivo e de celebración que estimule á mocidade á falar e crear propostas artísticas en galego poñendo sobre o escenario a dúas mulleres que apostan por comunicar nesta lingua.

Unha proposta no marco do programa municipal ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ÁMBITO LOCAL 2021 cofinanciado pola Xunta de Galicia que por unha banda nos trae a Laura LaMontagne & PicoAmperio, abordan campos musicais diferentes desde hip hop, abstracción ambiente, folclore medieval, sensibilidade india e toda caligrafía musical que invoque camiños abertos cara á excitación do inaudito.

E, por outra banda, Sheila Patricia, unha cantautora galega amante da poesía e da palabra, polivalente que se desenvolve en diferentes estilos, como a canción de autora, o folk galego, os boleros, o jazz e ata o fado. A cantautora encádrase dentro do xénero world music cunha especial elegancia e sensibilidade; os seus sons adoptan unha tendencia jazz dentro da canción de autora dando cunha nova experiencia que presentará en Soutomaior.

Vai dirixido especialmente á mocidade pero tamén ao público xeral porque a música non ten idade.


Publicado en Cultura
Visto 389 veces