fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 22 Setembro 2021 13:20

"Ópera Break`s" espectáculo cultura urbana e ópera

"Ópera Break`s" espectáculo cultura urbana e ópera

Este domingo 26 de setembro en Talo Río Soutomaior acolle o espectáculo "Ópera Break´s"no que se mestura Ópera, Breakdance e DJ nunha única función de gran calidade artística que emana da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola (Dj Mil e os bailaríns Retrokid, Bboy Serlli e Pol Rock).

A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela dirixida á mocidade, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolve sen vínculo a nada. Neste espectáculo trátase de contar unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

Data: domingo 26 de setembro.

Lugar: Alameda Talo Río, Arcade

Hora: 19.30 h

DESTINATARIOS/AS: público xeral.

Aforo do auditorio supeditado ás restricións COVID-19 do momento. Acceso de balde.


Publicado en Cultura
Visto 319 veces