fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 08 Novembro 2021 11:52

Lume de contos para tarde de castañas. Magosto popular

Lume de contos para tarde de castañas. Magosto popular

Este domingo 14 de novembro festexamos o outono coa actividade " Lume de contos para tarde de castañas". Unha actividade na que  poderemos gozar das historias que Celso Fernández Sanmartín (Celsiño) nos ten preparadas acompañando tan bo momento cunha degustación de saborosas castañas. O outono é dos mellores tempos do ano para xuntarnos e andar a contos, porque a luz do sol vai a menos, o tempo en fría, os días anubrados e chuviosos son melancólicos, as memorias florean, o viño novo ten agulla, … e tamén porque é momento de deixar os aparatos tecnolóxicos a un lado e volvernos mirar e recoñecernos e seguirnos coñecendo. Os contos están feitos con todos estes ingredientes, para non perdenos na noite, nin no monte, nin na cidade, nin na escola, nin na residencia, nin no tempo... 

Agardámosvos este domingo ás 17 h no Campo de San Benito de Romariz en Soutomaior (en caso de choiva esta actividade trasladarase para a Casa da Cultura de Soutomaior "Regina Míguez Doval").


Publicado en Cultura
Visto 716 veces