fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 22 Novembro 2021 07:53

Especial Noite de Reis!

Especial Noite de Reis!

 

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscricións para participar no percorrido en Tren que se levará a cabo durante a Cabalgata de Reis na tarde do mércores 5 de xaneiro, Especial Noite de Reis.

Pola mañá do mércores 5 de xaneiro ás 12.00h as súas Maxestades chegarán á Casa do Concello e iniciarán o percorrido visitando as parroquias de Soutomaior.

Xa, pola tarde, ás 17 h as súas maxestades desfilarán desde a rúa do Calvario ata a Alameda Talo Río en Arcade, acompañados por unha Comitiva Real da que ti tamén poderás formar parte. Poderás acompañar ás súas Maxestades no TREN durante o percorrido ata Talo Río. As prazas serán limitadas e polo tanto, para participar haberá que inscribirse previamente EN LIÑA na webInscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com) ata o domingo 12 de decembro. As prazas estarán limitadas a 40. No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas farase un sorteo públicamente o venres 17 de decembro pola tarde no Multiúsos.

Para participar no paseo en tren haberá varias opcións:

Opción 1: Acompaña aos Reis Magos durante o pasarrúas. 

Opción 2: Paseo en tren polos arredores de Talo Río.

Si escolles a opción "Desexo acompañar aos Reis Magos durante o pasarrúas" debes ter entre 5 e 11 anos (preferentemente persoas empadroadas no Concello de Soutomaior).  O sorteo de prazas farase en directo o venres 17 de decembro no Multiúsos, cando remate a entrega de premios do Concurso de Postais  e Felicitacións de Nadal.

Si escolles a opción “Desexo pasear en tren polos arredores de Talo Río cando xa estén na Alameda” poderás gozar dun pequeno paseo en tren para todas as idades (menores de 8 anos acompañados/as). Neste caso, poderás inscribirte previamente  EN LIÑA ou senón inscribirte directamente alí se hai prazas. A orde a seguir será a de inscrición en liña e logo inscrición no mesmo día no lugar da actividade.

A Cabalgata durante o desfile da Comitiva Real irá acompañada doutras animacións e ambitacións con moitas sorpresas polo que vos convidamos a non perdervos unha tarde - noite tan especial  na que recibiremos con moita ilusión, a tan agardada visita  de Melchor, Gaspar e Baltasar, ao municipio de Soutomaior.


Publicado en Cultura
Visto 560 veces