fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 25 Novembro 2021 17:52

Nova campaña de difusión da Axenda Municipal!

Nova campaña de difusión da Axenda Municipal!

As novas do teu interese, sempre contigo! Con este lema o Concello de Soutomaior inicia un novo sistema de información máis próximo e directo coa veciñanza  para que poida recibir todas as novas da Axenda Municipal (eventos, obradoiros, concursos, cursos, cinema, música,.. etc) e manterse informada en tempo real.

Un sistema sinxelo e de balde no que recibir información da Axenda Municipal a través de WhatsAPP.

As opcións para darse de alta serán varias:

Opción A: subscribirse escaneando o código QR da campaña no móbil e seguindo uns sinxelos pasos.

Opción B: no momento de inscribirse en liña nas actividades marcando a opción de recibir información sobre as actividades. Nese caso enviarase ao seu correo o  enlace para darse de alta.

Opción C: subscribirse a traves da web www.gabinetesoutomaior.com 

As persoas subscritas deberán gardar o número na súa lista de contactos para poder identificar este contacto como Axenda Municipal.

Este número de whatsAPP non funcionará  para solicitar información doutro tipo. As persoas recibirán os carteis ou dípticos cos datos xerais de cada actividade ou actividades no que ademais xa se indicará a Concellería ou servizo municipal responsable  si se desexa facer aglunha  consulta máis detaiada.

Calquera persoa dada de alta  que non desexe recibir máis información poderá solicitar "baixa", dun xeito rápido e sinxelo,simplemente escribindo e enviando esa palabra á Axenda Municipal. E, así, automaticamente deixará de recibir esta información. Poderán darse de alta de novo cando o desexe.

Poden consultar o documento "Manual de usos" no que explicamos os pasos a seguir e no que tamén poden ver un vídeo explicativo aquí: https://docs.google.com/presentation/d/180sdKvO-B7SSjS_smyZnrPlmyubEwxHwRkEe4oFzWHY/edit?usp=sharing.

 

A maiores, o Concello de Soutomaior pon a disposición da cidadanía un servizo de axuda que se prestará na Biblioteca Municipal "Luís Seoane" ao que poderán dirixirse aquelas persoas que teñan máis dificultade coa tecnoloxía e que estará dispoñible os xoves ás 12 h e os venres ás 17 h ata o 31 de decembro de 2021.

 

Tamén podes subscribirte premendo aquí:

 


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

Manual de Uso da Axenda Municipal.pdf (146 Descargas)
Visto 859 veces