fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 21 Decembro 2021 17:46

Un libro unha ilusión. Mercado solidario

Un libro unha ilusión. Mercado solidario

Este xoves 23 de decembro achegádevos ao Mercado Solidario "Un libro, unha ilusión". Este mercado de libros con fin solidario terá horario de 11 a 14 h e de 16 a 19 h e estará montado en Talo Río. Os fondos recadados irán destinados ás familias que máis o necesiten do municipio encargándose Cáritas de distribuílos.

A colaboración será simbólica e teredes opción de mercar por 2€ un libro, 3€ 5 libros e 1,5 € libro sorpresa. Poderedes mercar: libros sorpresa, libros infantís, cómics,  libros de diferentes temáticas: arte, historia, novela, ficción, filosofía, etc.

Ás primeiras 200  persoas que merquen un libro obterán un ticket que poderán canxear por un chocolotade con churros no mesmo lugar de 17 a 19 h. Queremos facer unha especial mención á Churrería- chocolatería Sandra que colabora desinteresadamente nesta causa aportando o chocolate e churros de balde. Un acto moi solidario.

Pola tarde,  de 16 a 18 os máis pequenos e pequenas poderá participar nun obradoiro de postais. Non hai falla inscribirse previamente. As persoas a medida que cheguen farán a súa postal acompañadas polas monitoras que as guiarán. Será unha actividade dinámica e participativa que nos lles levará moito tempo pero interesante para confeccionar unha postal de Nadal cos mellores desexos.


Publicado en Cultura
Visto 601 veces