fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 29 Decembro 2021 11:50

Listos os Buzóns Reais

Listos os Buzóns Reais

Achégase a tan agardada noite dos Reis de Oriente e xa hai que ir rematando a carta coa lista de agasallos solicitados para poder enviarllela, que poidan lelas todas e  así telo todo preparado para esa noite tan máxica. Para facilitar o envío das cartas e que as súas Maxestades as reciban a tempo o Concello de Soutomaior dispuxo a colocación de buzóns reais en diferentes puntos do municipio: en Soutomaior, na Casa do Concello, e en Arcade, na  Biblioteca Municipal, no Multiúsos ou en Talo Río.
 

Por outra banda, a partir desde mércores teredes á vosa disposición un modelo de carta para poder escribirlles as vosas peticións e desexos. Podedes recollelos nos comercios e tamén en dependencias municipais (Casa do Concello, Pavillón, Biblioteca Municipal, Multiúsos).

 


Publicado en Cultura
Visto 496 veces