fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 24 Marzo 2022 11:46

Este sábado temos tarde de música no Multiúsos

Este sábado temos tarde de música no Multiúsos

Para amenizar a tarde do sábado, a Escola de Música Artística de Arcade presenta ‘Entre Camelias e Ostras’ ás 20.00 horas no Multiúsos.

Trátase dunha audición coa que se pretende que os e as estudantes vaian collendo táboas sobre o escenario e perdendo o medo escénico. Na actividade, varios alumnos e alumnas da escola terán que presentar unha peza en solitario.

A entrada é libre, polo que calquera poderá ir gozar dunha tarde de música da man dos futuros virtuosos do Concello.


Publicado en Cultura
Visto 422 veces