fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 08 Abril 2022 11:27

A Radio Galega chega a Arcade

A Radio Galega chega a Arcade

O Multiúsos de Arcade acollerá na madrugada do xoves 14 ao venres 15 a gravación do programa ‘Pensando en ti’ da Radio Galega. O acto arrancará ás 23.45 horas ca actuación en directo de Antonio Barros.

Finalizado o concerto, ás 01.00 horas, o presentador sairá ao escenario para dar comezo ao programa, ata as 06.00 horas. Por alí estará tamén o coñecido colaborador e humorista da TVG, Isi.

Presentado por Marcial Mouzo, os asistentes poderán asistir en vivo e en directo á emisión deste programa que cada madrugada acompaña a miles de persoas.

Entradas por orde de chegada ata completar aforo.


Publicado en Cultura
Visto 593 veces