fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 20 Xuño 2022 13:39

Dous días para gozar do verán: Videoxogos, Torneos de ESports, concerto de Grande Amore e moito máis

Dous días para gozar do verán: Videoxogos, Torneos de ESports, concerto de Grande Amore e moito máis

Os días 8 e 9 de xullo celebramos os eventos máis grandes do verán no  Peirao de Arcade. Por unha banda,  VideoXogando, un Salón Lúdico e do Videoxogo pensado para facer as delicias de todos os  gamers. Por outra, o Festival Soutomareiro, un evento musical que contará coa actuación de Chaleco Reflectante, Grande Amore e EME DJ.

Videoxogando organizouse pensando na comunidade gamer que cada ano ten máis adeptos e á que, desde o concello, non queremos esquecer. Por iso, durante eses dous días todos os amantes dos videoxogos poderán gozar de actividades e postos con todo tipo de elementos relacionado con este mundo.

Neste sentido, o salón contará cun posto cos últimos lanzamentos de Nintendo e un bo número de consolas para que todos os poidan probar. Ademais, haberá unha zona para os/ as máis ‘ maduritos/ as’ con xogos retro que os farán volver a aqueles días de gloria. Non faltarán tampouco unas cantas mostras de xogos  indie, para quen busca novas sensacións lonxe do entretemento ‘mainstream’.

Pero  Videoxogando non só é un salón de videoxogos no que probar títulos de todo tipo, tamén é un evento social. Por iso contactamos con  Kings  Dragon, o equipo de Mario Kart referente en Galicia, para que organice un torneo deste popular xogo.

Cabe destacar que todos os interesados en participar deberán inscribirse en Gabinete Soutomaior ata o día 6 de xullo.

Máis aló do mundo gamer, haberá unha zona  gastro; mesas redondas;  obradoiros e moito máis. Podedes descargarvos toda a programación aquí:  t. ly/ EpyB

Tras as dúas xornadas de diversión entre videoxogos, chega a quenda do Festival  Soutomareiro, un evento musical que traerá ao  Peirao de Arcade as actuacións de Chaleco Reflectante, que será o encargado de abrir o evento antes do prato forte,  Grande  Amore, un músico chamado a revolucionar o panorama galego e que tocou en festivais de gran envergadura por toda España, como o  Portamerica, o Osa do Mar, o Caudal  Fest ...

EME Dj será a encargada do fin de festa coa súa sesión de música e ritmo.


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

22 Videoxogando 2022 Programa.pdf (167 Descargas)
Visto 547 veces