fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 18 Novembro 2022 13:52

ARTELLANDO xa é unha realidade e ven a facilitas a difusión dos artistas locais

ARTELLANDO xa é unha realidade e ven a facilitas a difusión dos artistas locais

O Concello de Soutomaior pon en marcha o Programa de dinamización socio-cultural “ARTELLANDO, Soutomaior promove cultura”, que pretende potenciar o valor da arte e da cultura, poñendo o foco no local, para visibilizar a capacidade, habilidade, talento e experiencia de artistas locais pero tamén para achegar as artes e cultura á cidadanía usando unha metodoloxía lúdica, participativa e inclusiva. O programa irá artellando diferentes propostas mediante liñas de acción de diversa índole. Comezaremos coas seguintes tres liñas de acción:

A primeira liña de acción “Banco do tempo cultural” que consiste na creación dun Banco do tempo co que facilitar espazos para estar, onde as persoas poidan compartir solidariamente o seu tempo e habilidades (artísticas, musicais, creativas, etc.).

A segunda liña de acción, “Rexistro de artistas locais” que ten como obxectivo poñer en marcha o rexistro de artistas locais que dará como resultado un catálogo de artistas locais de todas as disciplinas para a súa divulgación e promoción.

A terceira liña de acción “Experiencia artística” que terá como obxectivo promover as artes plásticas e visuais a través da vivencia de experiencias participativas da man de referentes locais a través de exposicións e obradoiros.


Publicado en Cultura
Visto 529 veces