fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 29 Novembro 2022 13:12

Éxito rotundo de Soutono! Os produtos de proximidade brillaron como nunca

Éxito rotundo de Soutono! Os produtos de proximidade brillaron como nunca

ÉXITO ROTUNDO DE SOUTONO! OS PRODUTOS DE PROXIMIDADE BRILLARON COMO NUNCA!
Bueno bueno bueno... menudo sábado pasamos en Talo Río!
Durante todo o día foron moitas as persoas que se achegaron á carpa de Soutono para gozar das múltiples actividades programadas e catar os produtos de proximidade dos distintos postos.
Esta iniciativa resultou ser a mellor promoción para os produtos elaborados neste Concello, e tamén para Soutomaior en xeral, xa que recibimos a visita de moita xente de Concellos limítrofes que de seguro volverá.
Neste sentido, temos que agradecer a todos e todas as que fixestes posible esta iniciativa. Dende os comerciantes, ata os que realizaron algún workshop ou showcooking, e tamén á Xunta de Galicia por financiar esta gran festa do produto de tempada e proximidade, especialmente ao Director Xeral de Medio Rural, José Balseiros, que, xunto ao Alcalde, visitou todos os postos de Soutono e ata participou nunha cata de viños de Soutomaior.
Seguiremos traballando para promocionar a excelente calidade dos nosos produtos. Uns produtos de proximidade e comercializados por comerciantes locais que ademais dispoñen das mellores D.O galegas.

Publicado en Cultura
Visto 489 veces