fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 09 Xaneiro 2023 11:03

Gran acollida dos Reis Magos en Soutomaior

Gran acollida dos Reis Magos en Soutomaior

Unha comitiva liderada polo Club @600 Arcade pasou esta mañá polos barrios de Soutomaior para que todos os nenos e nenas puidesen coñecer aos Reis de Oriente en persoa. A ilusión dos pequenos/as (e de algún maior) fixo que todo merecera a pena.

A cativada marchou para a casa, ademais de con moita ilusión e un momento que van lembrar toda a vida, cun bo puñado de caramelos (sen gluten, como os que se repartirán esta tarde na cabalgata) e un libro como adianto dos agasallos que lles deixarán esta noite.


Publicado en Cultura
Visto 427 veces