fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Mai 2016 10:58

Musical Infantil

Musical Infantil

A compañía Malasombra Produccións presenta en Soutomaior a obra Os Rockenstein.

A representación está programada para o sábado día 21, a partir das 20.00 horas, no Multiusos de Arcade.

A formación do polifacético actor estradense Xoque Carbajal preparou durante os ultimos meses este espectáculo musical infantil.

Os Rockenstein é un espectáculo para toda a familia cos actores Jouse García, Celia González, Sandra Iglesias e Xoque Carbajal baixo a dirección de Marcos Orsi. Narra a historia do doutor Rockenstein, un científico pero tamén melómano, consciente da desaparición da boa música. Por iso crea no seu laboratorio un ser vivo para convertelo en estrela musical, pero salguen tres e decide fundar unha banda.


Publicado en Cultura
Visto 2857 veces