fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 21 Xullo 2016 09:39

Cinema infantil ao aire libre

Cinema infantil ao aire libre

Cinema infantil ao aire libre O Concello de Soutomaior organiza dúas sesións de cinema infantil esta semana. Unha en cada parroquia do termo municipal.

A primeira será hoxe xoves na Alameda Tallo Río de Arcade, ás 22:30 horas, mentres que a segunda será o sábado 23, á mesma hora, no Campo de San Benito de Romariz.

O acceso é totalmente gratuíto.

Na primeira das sesións proxectarase a película de animación infantil “A viaxe de Arlo”. O sábado 23 de xullo, proxectarase tamén ao aire libre a película de “Upsss Onde está Noé”, esta vez no Campo de San Benito en Romaríz.


Publicado en Cultura
Visto 2897 veces