fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 04 Agosto 2016 13:33

Teatro Infantil

Teatro Infantil

A Alameda de Talo Río en Arcade acollle hoxe xoves, día 4 de Agosto ás 21,30 h., a representación teatral da obra: Roedores, unha peza dirixida especialmente aos cativos -a partir dos 3 anos de idade-, de 55 minutos de duración, e que pón en escena a compañía Redrum Producciones.

O argumento da obra é o seguinte: Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns.

Os dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vender o temido Gato.

Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... “Todos somos Roedores”.


Publicado en Cultura
Visto 2432 veces