fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 12 Mai 2015 13:07

Día das Letras Galegas - Musical Infantil

Día das Letras Galegas - Musical Infantil

Domingo 17 de maio ás 19,30 horas - Multiusos de Arcade

"Os tres porquiños"

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?


Publicado en Cultura
Visto 2728 veces