O Concello de Soutomaior presentou o seu programa de actividades culturais e de xuventude para este nadal.
Música, teatro, cinema e talleres infantís encherán as rúas do municipio do tradicional espitiru do Nadal.
O día 26 se intalarán caixas de correos polas rúas do Concello para que todos os nen@s poidan enviar as súas cartas aos Reis , que chegarán o día 5 á alameda de Talo Río.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado polas edís de Cultura, Dores Cernadas e de Xuventude, Noelia Ocampo, presentou esta mañá un amplo programa de actividades para estas festas de Nadal.
Os festexos contarán este ano cun amplo repertorio de eventos que ofrecen diversión, cultura, deporte e numerosas sorpresas adaptadas a todas as idades e preferencias.
Son propostas gratuítas destinadas a dinamizar estas festas e cuxo programa xa se pode atopar en todos os centros municipais.