fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 09 Decembro 2016 13:14

Concerto de Nadal dos alumnos da Escola de Música

Concerto de Nadal dos alumnos da Escola de Música

Multiusos de Arcade -  Domingo 11 Decembro ás 12,30 horas

O Multiusos de Arcade encherase este domingo de música cunha nova edición do tradicional concerto de nadal que ofrecen os alumnos da Escola de Música Municipal. O concerto dará comezo ás doce e media do mediodía e a entrada é totalmente gratuíta.

Este domingo é unha das datas que os alumnos da Escola de Música  teñen marcada no seu calendario desde hai meses. Para eles supón, ademais dun paso adiante na súa formación musical tocando por primeira vez ante o público, unha ocasión perfecta para demostrar os coñecementos adquiridos durante estes meses ante os seus amigos e familiares.

Ademais dos 15 alumnos do primeiro curso da escola, tamén participarán nesta iniciativa os integrantes da Banda Xuvenil de Música, un grupo de gaitas e música tradicional e un coro infantil que interpretará diferentes panxoliñas, sumando un total de máis de 50 músicos de diferentes idades. 

O repertorio estará composto principalmente por obras de iniciación musical alternando pezas clásicas con outras modernas que encherán de ritmo o auditorio.


Publicado en Cultura
Visto 1823 veces