fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 26 Decembro 2016 13:04

Cine Infantil " Mascotas"

Cine Infantil " Mascotas"

Multiusos de Arcade - Mércores 28 de decembro ás 18.00 horas

O Concello de Soutomaior, dentro do seu programa de actividades culturais de nadal, ofrece este mércores unha nova sesión de cinema infantil coa película “Mascotas”. Unha comedia de animación dirixida ao público familiar. A proxección terá lugar no Multiusos de Arcade ás 18.00 horas e a entrada é totalmente gratuíta ata completar as localidades dispoñibles.

Nun edificio de apartamentos de Manhattan, a vida de Max como mascota favorita corre perigo cando a súa dona trae a casa a un outro can chamado Duke, con quen Max pronto ten as súas diferenzas. Pero ambas as mascotas teñen que deixar atrás a súa rivalidade cando se decatan de que un adorable conejito branco chamado Snowball está a recrutar a un exército de animais domésticos que foron abandonados, decididos a vingarse de todos os animais domésticos felices e dos seus donos.


Publicado en Cultura
Visto 2075 veces

Medios