fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 02 Febreiro 2017 09:44

Bases para o Desfile de Comparsas en Arcade 2017

Bases para o Desfile de Comparsas en Arcade 2017

Normas e requisitos

  1. As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación.
  2. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación, aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores.
  3. Poderanse excluir como beneficiarios das axudas reguladas nestas bases todos aqueles que non cumplan as condicións esixidas.
  4. O Desfile de comparsas terá lugar o domingo 5 de marzo de 2017 ás 17.00 horas.
  5. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 e deberán solicitar a súa participación a través de inscrición no rexistro xeral do Concello .
  6. Terán preferencia as comparsas que participaron no desfile do ano 2016.
  7. As comparsas participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.
  8. O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón.
  9. As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de dar comezo o desfile.
  10. A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior. As demáis o farán por orden de chegada.
  11. Itinerario do desfile: Rúa Calvario, Avda. Xosé Solla e Rúa Rosalía de Castro. Remate na Alameda Talo Río, donde haberá unha festa de entroido coa actuación dun grupo musical ata as 22:00 h.

Procedemento

A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior, a través do fax (986 705 333) ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., en horario de 9:00 h a 14:00 h. ata o mércores 22 de febreiro de 2017.

No momento de formalizar a inscrición, indicarase:

  • Nome da comparsa.
  • Nome e apelidos do representante.
  • Número de teléfono e mail de contacto.
  • Categoría na que se inscribe.
  • Número de membros que a compoñen.

Todos estes datos deberán aparecer na solicitude de inscrición. En caso de que non sexa así, a comparsa poderá quedar excluída do desfile.

Os premios pola participación no desfile son os seguintes:

a) Para as comparsas que non leven nin carroza nin música:

  • de 30 a 40 membros: 100 €
  • Máis de 40 membros: 150 €

b) Para as comparsas que leven carroza e música:

  • de 30 a 40 membros: 300 €
  • Máis de 40 membros: 400 €

 

  • Os premios pagaranse mediante transferencia bancaria previa presentación da factura correspondente no Concello na cal se indicará o número de conta para facer o ingreso.
  • Os colectivos que estén exentos de IVA deberán presentar ademáis un certificado d@ secretari@ da asociación no que constará o número de expediente de dita exención. (Poderán pedir o modelo no Concello no momento de facer a inscrición).
  • A participación neste desfile, implica a aceptación destas bases.
  • A organización gárdase o dereito de non deixar desfilar a todas aquelas comparsas que non cumplan algunha das condicións establecidas nestas bases.

Publicado en Cultura
Visto 2363 veces