fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 27 Febreiro 2017 13:07

Desfile de comparsas 2017

Desfile de comparsas 2017

APRAZADO POLA CHOIVA para o próximo Domingo 12 de marzo a partir das 17.00 horas.

 

O Concello de Soutomaior celebra este domingo día 5 a partir das 17,00 horas en Arcade o seu Desfile de Comparsas.

Como é habitual o desfile iníciase na  rúa Calvario na intersección con Cochón e a Avenida Xosé Solla, pasando por Rosalía de Castro e terminando na Alameda Talo Río onde haberá unha festa con orquestra ata as dez da noite.

As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de que do comezo do desfile. A primeira en desfilar será a dos máis pequenos, que forman a comparsa resultante do taller que organiza o Concello.

Entre as participantes estarán as locais da Ludoteca Miudos, Asociación Cultural Moreira a Tope e As Marchosas de Arcade.

Dentro das demais comparsas figuran, entre outras, as que virán desde Pontesampaio, Poio, Marín, Redondela, Mos, Salceda, etc.

As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación e non se poderán repetir disfraces de edicións anteriores.

O número máximo de comparsas participantes no desfile era de 15,  pero ante a entrada de moitas solicitudes de participación no desfile ampliouse a 18.

 As comparsas participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes e todas terán unha compensación económica por participar desde 100 € a aquelas de entre 30 e 40 membros sen música nin carroza ata os 400 € para aquelas que superen os 40 membros e veñan acompañados de carroza e música.

O tráfico estará pechado nas rúas por onde pasarán as comparsas desde as 16,00 horas.


Publicado en Cultura
Visto 3039 veces