fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 07 Marzo 2017 10:48

Desfile Comparsas 2017

Desfile Comparsas 2017

O Concello de Soutomaior celebra este domingo día 12 a partir das 17,00 horas en Arcade o seu Desfile de Comparsas que foi aprazado o pasado domingo por culpa do mal tempo

Como é habitual o desfile iníciase na  rúa Calvario na intersección con Cochón e a Avenida Xosé Solla, pasando por Rosalía de Castro e terminando na Alameda Talo Río onde haberá unha festa co grupo musical “La Noche”ata as dez da noite.

As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de que do comezo do desfile. A primeira en desfilar será a dos máis pequenos, que forman a comparsa resultante do taller que organiza o Concello.

Entre as participantes estarán as locais da Ludoteca MiudosAsociación Cultural Moreira a Tope e As Marchosas de Arcade.

Dentro das demais comparsas figuran, entre outras, as que virán desde Pontesampaio, Poio, Marín, Redondela, Mos, Salceda, etc.

As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación e non se poderán repetir disfraces de edicións anteriores.

O tráfico estará pechado nas rúas por onde pasarán as comparsas desde as 16,00 horas.

Debido ao traslado para este domingo do desfile de comparsas aprázase ata nova data a actuación do teatro musical familiar "Vos Rockenstein" que estaba programado no Multiusos de Arcade  para as 19 horas.

 

Peche de rúas en Arcade para o desfile de comparsas do domingo 12 de marzo.


Publicado en Cultura
Visto 4623 veces