fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 22 Marzo 2017 12:13

A tropa trapalleira - Espectáculo Infantil

A tropa trapalleira - Espectáculo Infantil

Multiusos de Arcade  - Sábado 25 de Marzo ás 19,00 horas

Espectáculo infantil de humor

A Tropa Trapalleira, Rosiña, Laranxiño e Mariña, presentan “Pequena trapallada e algunha que outra batalla”. Un espectáculo para nenos e nenas de 6 a 99 anos, 100% dinámico e colorista que nos fai reflexionar sobre o absurdo da guerra e as súas consecuencias.

A través do traballo corporal dos actores que bebe da farsa e da Commedia dell' arte e apoiándose na música e na videocreación, constrúen un universo de diversión no que se poñen en valor cousas tan importantes como a amizade, o respeto, o compañeirismo e o amor. 

Un catálogo de trapalladas bélicas que, a través do humor, pretende invocar á tolerancia e á solución pacífica dos conflitos como bálsamo necesario nestes inquedantes tempos armados.


Publicado en Cultura
Visto 2482 veces