fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 05 Mai 2017 12:49

Teatro Fonte da Tella

Teatro Fonte da Tella

A programación do Concello de Soutomaior presenta este sábado á compañía local de teatro afeccionado Teatro Fonte da Tella, a obra“A media luz os tres”.
Trátase dunha adaptación, en clave de humor, da obra de Miguel Mihura, que conta as aventuras de Alfredo, un home solteiro que só pensa en conquistar mulleres, pero que co tempo comproba que a súa vida está chea de fracasos.
Miguel Mihura (1905-1977), é o gran mestre do teatro humorístico contemporáneo en España. Domina toda clase de recursos escénicos, enxeñosos diálogos, e representa un humor fino, sutil e tenro, que chega con facilidade a todos os espectadores.
Esta obra é unha divertida comedia chea de ritmo que trata temas tan universais como o amor, as relacións de parella, a infidelidade e, sobre todo, a soidade.
A función está recomendada para público adulto, e representarase este sábado 6 de Maio, ás 21:00 h, no Multiusos de Arcade
 

Publicado en Cultura
Visto 1778 veces