fbpx
Imprimir esta páxina
Domingo, 23 Xullo 2017 12:57

Maria do Ceo

Maria do Ceo

Dentro da programación de verán do Concello de Soutomaior este luns 24 de xullo a partir das 23,00 horas na Alameda de Tallo Río terá lugar a actuación de María do Ceo

Maria do Ceo, é fado en estado puro, actualmente está considerada unha fadista tradicional, polo que nalgúns medios de comunicación xa a consideran a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo, como na interpretación.

Maria do Ceo, cando canta transmite melancolia, dozura, pasion, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa interprete de fado,porque realmente ela é:

Corpo de muller e alma de fado.

Din dela os críticos, que Maria do Ceo, achéganos o fado como ata agora ninguén fixera antes.

Pero Maria do Ceo, non só cántanos fado, tamén nos canta bolero cun dramatismo que nos lembra á gran Chavela Vargas.


Publicado en Cultura
Visto 1794 veces