fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 06 Xullo 2015 10:13

PROGRAMA "BIBLIOVERÁN"

PROGRAMA "BIBLIOVERÁN"

PROGRAMA "BIBLIOVERÁN" PARA FOMENTAR A LECTURA EN LUGARES DE OCIO

O servizo prestará xornais, revistas e libros na oficina de información turística da praia do Peirao de Arcade e contará dende o próximo 1 de xullo e ata o 10 de setembro cun novo punto de lectura que baixo a denominación de BIBLIOVERÁN, permite que calquera persoa poida ler e acceder ao préstamo temporal de xornais, revistas e libros no seu tempo libre.

Poderán dispoñer de todo iso na Oficina de Turismo en horario de 10 h a 14 h e de 16:30h a 20:30h de luns a domingo.

Os diarios terán que ser devoltos no prazo de 60 minutos para un mellor uso e permitir así un maior número de consultas.

Haberá libros para nenos e adultos, contos, suplementos, revistas e diarios.

Os interesados poden acceder ao préstamo de libros a través da presentación do carné que fai o punto de lectura "BiblioVerán", o carné da Biblioteca Municipal e os de identificación: DNI, pasaporte ou carné de conducir.


Publicado en Cultura
Visto 2361 veces