fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Agosto 2017 12:06

Musical infantil "As mil e unha noites"

Musical infantil "As mil e unha noites"

Venres 11 ás 21,00 horas - Alameda Talo Río

Espectáculo familiar do Teatro Ghazafelhos para achegarlles estas coñecidas historias aos máis pequen@s

Tres actores do afastado oriente veñen contar a historia de Sherezade e de como a o seu enxeño logrou cativar a un dos Sultáns máis desapiadados de toda Persia. Trátase de... As mil e unha noites!!

Tres personaxes chegan nun carromato decorado como as antigas historias de Bagdad. Entran anunciando unha historia máxica da afastada Persia. Subidos en zancos, con aspecto de xenios convidan ao publico que se acomode ao redor do carromato. A continuación, introdúcese ao público nun ambiente máxico con incenso, coxíns, teas e un contador de historias que evoca a antiga Persia. Unha vez creado o ambiente adecuado comeza a narración das mil e unha noites coa participación activa do público.

A linguaxe é para un público familiar, facendo fincapé  nos nenos e nenas pero abrindo a participación aos maiores para que tamén pasen un intre agradable compartindo momentos inesquecibles cos máis pequenos.


Publicado en Cultura
Visto 1543 veces