fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 04 Agosto 2015 11:37

Soutomaior únese á Ruta do Viño Rias Baixas

Soutomaior únese á Ruta do Viño Rias Baixas

Soutomaior únese á Ruta do Viño Rias Baixas para potenciar a súa gastronomía e turismo.

Durante o pasado ano a ruta enolóxica acolleu case 80.000 visitantes nas súas adegas.

O Concello de Soutomaior xa forma parte da Ruta do Viño Rías Baixas despois de que o alcalde, Agustín Reguera, asinase a semana pasada o convenio para formar parte desta asociación, xunto ao presidente da ruta, Juan Gil de Araujo.Con esta unión, o Concello de Soutomaior pretender potenciar a súa grande oferta gastronómica e patrimonial e obter así unha nova canle de comercialización a través das accións que leve a cabo a Ruta do Viño, que só no ano 2014 recibiu 77.690 visitantes.

Tras a firma, ambas as dúas partes coincidiron en afirmar que a integración na ruta supón unha oportunidade para dar un salto cualitativo na oferta turística do municipio. "Estamos seguros que esta nova incorporación animará aos establecementos hostaleiros e de restauración a seguir enriquecendo a grande oferta enoturísticaque xa goza Soutomaior", afirmou o presidente da Ruta.


Publicado en Cultura
Visto 2568 veces