fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 02 Setembro 2015 13:31

Os Bolechas na máquina do tempo

Os Bolechas na máquina do tempo

" Os Bolechas na máquina do tempo" chegan o Concello de Soutomaior

Multiúsos de Arcade - Sábado 5 de setembro ás 20,00 h.

Os Bolechas, os personaxes televisivos deseñados por Pepe Carreiro, volverán darse cita cos seus fieis seguidores en Soutomaior grazas ao seu espectáculo, “ Os Bolechas na máquinado tempo".

A obra, na que invitan os pequenos a realizar unha viaxe a través do tempo da man dun científico tolo, chega este sábado ao edificio Multiusos de Arcade, nunha función organizada pola Concellaría de Cultura do Concello e que comezará ás 20.00

Trátase dunha actividade que mestura teatro e concurso e a entrada é totalmente gratuíta tanto para os pequenos coma para as súas familias.

Neste novo espectáculo de monicreques, os coñecidos personaxes infantís se tele transportan coa axuda dunha máquina do tempo a diferentes etapas da historia, para acabar chegando ao futuro e convértense en adultos. Algúns deles terán que estrear a máquina, pero todos teñen medo.

No sorteo, Carlos e Pili son os elixidos para viaxar ao futuro, pero van necesitar despois a axuda de todo o público da sala para poder regresar ao presente.

Con esta actividade arrancan as actividades culturais do Concello para este outono


Publicado en Cultura
Visto 2394 veces