fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 01 Decembro 2017 10:25

Concerto da Escola de Música

Concerto da Escola de Música

O Multiusos de Arcade encherase, este domingo a partir das 18,00 h, de música cunha nova edición do tradicional concerto de nadal que ofrecen os alumn@s da Escola de Música Municipal.

Este domingo é unha das datas que os alumn@s da escola municipal de música do Concello de Soutomaior teñen marcada no seu calendario desde hai meses. Para eles supón, ademais dun paso adiante na súa formación musical tocando por primeira vez ante o público, unha ocasión perfecta para demostrar os coñecementos adquiridos durante estes meses ante os seus amigos e familiares.

Ademais dos 30 alumn@s da escola, tamén participará un grupo folk e un coro infantil que interpretará diferentes panxoliñas, sumando un total de máis de 40 músicos de diferentes idades. O repertorio estará composto principalmente por obras de iniciación musical alternando pezas clásicas con outras modernas que encherán de ritmo o auditorio.


Publicado en Cultura
Visto 1464 veces