fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 24 Xaneiro 2018 10:35

Concerto de Corais

Concerto de Corais

Sábado 27 ás 19,30 h. Multiusos de Arcade

Coro Polifónico de Entenza

Dirección a cargo de D. VictorFernández Nogueira.. Anualmente organiza festivais e encontros corais como , a " Mostrade Corais". No seu currículo cabe destacar o ser seleccionado entre 122 coros para a final do 43º Festival de Panxoliñas Caixanova , o 1º Posto no IV e VIII Concurso de Panxoliñas da Catedral de Tui ,o 3º posto no I Certame nacional de masas corais da Abelá celebrado en Infesto (Asturias)e o 2º posto no Certame Galegode Corais- Vila de Arbo.

 A coral está presidida por Dª. Paz CastiñeiraNúñez e compóñena 40 voces mixtas

Coral Polifónica Santa Eulalia de Mos

A coral Polifónica Sta. Eulalia pertencente ó Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia, comezou a súa andaina en setembro do ano 2001 para dar resposta a un grupo de socios desta entidade afeccionados a cantar. Desde xaneiro deste ano está dirixida por Isidro Betancourt Benítez.

O repertorio da coral está composto principalmente de canción popular galega que se vai ampliando con cancións sudamericanas e doutras autonomías, interpretadas normalmente a tres voces.

Actualmente está formada por 25 voces mixtas con ideades comprendidas entre os 57 e os 82 anos procedentes de diferentes parroquias do Concello de Mos.

Coral Polifónica Soutomaior

No ano 1991 a coral Polifónica de Soutomaior pasou a ser conducida polo seu actual director D. Javier Comesaña Pereira. Nesta nova etapa a coral Polifónica, xunto co seu director, márcanse como obxectivos unha renovación de repertorio, aprendizaxe constante en actualizacións técnicas, ensaios de fusión con outros grupos musicais, etc, co fin de poder transmitir e dar  maior  difusión posible a música coral  en todo no seu entorno social, cultural e musical.

A coral Soutomaior aproveitará este concerto para presentar o seu novo disco “ Sorrisode Burbullas” que gravaron conxuntamente a Banda Municipal dá Estrada e a Coral Polifónica Soutomaior. Neste disco a Coral Soutomaior interpreta temas tan populares como ABBA en concerto, un bico e unha flor, fillo da lúa, etc. afastándose un pouco da música tradicional das masas corais.

 


Publicado en Cultura
Visto 1763 veces