fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 05 Febreiro 2018 11:01

Programación Febreiro-Marzo 2018

Programación Febreiro-Marzo 2018

O Concello de Soutomaior pon en marcha as súas actividades para os meses de febreiro e marzo.

Iniciáronse o pasado xoves día 1 na biblioteca municipal co espectáculo musical Radio BuleBule e a continuación este venres día 9 a partir das 16,30 horas na Alameda de Talo Río (en caso de mal tempo no Multiusos de Arcade) terá lugar o Festival Infantil de Entroido con obradoiros, animación, música, etc.

O resto da programación abarca, entre outros, desde os temas deportivos ( carreira popular da Ostra), teatro (Buffet de Bufonadasde MDM Teatro), música (Presentación do disco do grupo Tr3sporc4tro) e o XVIII Certame da Camelia que este ano cambiará de sede pasando ao Pavillón Municipal por estar o Castelo de Soutomaior en obras.


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

18 Programacion Cultura (Trimestre 1).pdf (622 Descargas)
Visto 1760 veces