fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 16 Febreiro 2018 17:51

Desfile de Comparsas 2018

Desfile de Comparsas 2018

O Concello de Soutomaior, este domingo en Arcade, vístese de entroido co  tradicional desfile de Comparsas.

A cota de inscrición completouse hai tempo garantindo a presenza das 15 comparsas que podían participar como máximo ademais da realizada polos nenos do Concello que asisten ao taller de comparsas municipal.

As comparsas inscritas son: Asociación Os Festeiros de Bembrive, Asociación Cultural As Marchosas de Arcade, Asociación de Mulleres Rurais de Xustáns, Asociación A Vila, Asociación A Pandilla, Asociación Cultural Moreira A Tope, Asociación Cultural, Deportiva e Social “O Verduxo”, Asociación Cultural Alegría de Bora, A.R.C. de Guizán, Asociación “O millor de cada casa”, Asociación Cultural de Pontellas, sociación Cultural Miúdos, Asociación Terra de Condes, Asociación Cultural Amigos dos Rapaces. Asociación Cultural e Deportiva San Xurxo, Asociación Airiños da Peneda, Asociación cultural Trompos Ós Pés, Asociación Cultural Os 100 Tolos, Asociación Os Rumorosos de Pondal e Centro Veciñal e Cultural Valladares, todas elas dispostas a despregar o seu humor, cor e imaxinación.

Dará comezo ás 17:00 horas no cruze do Calvario pasando pola Avenida Xosé Solla, Rosalia Castro e finalizando o seu camiño na Alameda Talo Río.

A xornada terminará coa actuación do grupo musical  Tres.Com  ata as 22:00 horas.

Ademais das comparsas do municipio, este ano desfilarán outras que proceden de Redondela, Pontesampaio, Tomiño, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Pontecaldelas.

Desde o Concello de Soutomaior infórmase que a partir das 15.30, pecharase ao tráfico a Avda. Xosé Solla e a Rúa Rosalía de Castro e que estará prohibido aparcar na citada avenida desde o cruze coa rúa Cochón, polo que se agradece a colaboración veciñal para evitar problemas de tráfico.

Da mesma maneira, tamén estará temporalmente prohibido aparcar nas rúas Rosalía de Castro e Avenida Xosé Solla desde ás 15:00 horas ata a finalización do desfile.

Aínda que a previsión do tempo é boa en caso que se tivese que aprazar o desfile tería lugar o próximo domingo día 25 á mesma hora e lugar.


Publicado en Cultura
Visto 1938 veces