fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 06 Marzo 2018 11:03

Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro ………

Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro ………

Domingo 11 de marzo ás 19,00 h. na Casa da Cultura de Soutomaior - Presentación do Libro/CD "Maruxa dás Cortellas. Tocadora do pandeiro..."

Dentro dos actos programados con motivo do día internacional da muller, o Concello de Soutomaior quere poñer en valor unha muller que co seu pandeiro cadrado fixo que este ocupase un lugar destacado en agrupacións folclóricas.

Existe na provincia de Pontevedra un conxunto minoritario de cantantes que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado fundamentalmente por tocadoras femininas.

Até o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou so seu rouco son moitas das prácticas rituais da sociedade preindustrial galega.

Ao mesmo tempo, a suá presencia foi habitual nos seráns como instrumento acompañante das cantigas bailabeis. Desta forma, as tocadoras conservan na súa memoria bo número de xotas, ribeiranas, valses, pasodobres, chiqui-chiquis e rumbas.

É indiscutíbel que a música vocal de tradición oral de Galicia se escribe en feminino. Maruxa é un deses nomes que sobresaen do anonimato colectivo.

Así presenta Xulia Feixoo o seu libro / Cd “ Maruxa dás Cortellas. Tocadora do pandeiro”

Para un público en xeral e mesmamente para moitos seguidores da música galega o nome de Maruxa dás Cortellas resulta descoñecido pero foi unha das grandes tocadoras de pandeiro galegas, foi a única muller da súa xeración que tivo interese en aprender a tocar ao estilo dos mais antigos da aldea.

De non ser por ela, esta tradición non chegaría a nós

Durante o acto de presentación do libro/ cd actuarán as Pandereteiras de Soutomaior e Feijoo & Alba


Publicado en Cultura
Visto 1664 veces