fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 14 Mai 2018 09:44

C.D. Soutomaior Xuvenil – Campión de Liga

C.D. Soutomaior Xuvenil – Campión de Liga

Este fin de semana finalizou a liga de xuvenís na que o C.D. Soutomaior proclamouse campión da liga de segunda autonómica (grupo 8) despois de realizar unha magnifica campaña sacando 7 puntos de vantaxe ao segundo clasificado que foi o Marin, C.F.

Con iso garantiron o ascenso á 1ª autonómica para a próxima tempada.

O equipo dirixido por Jaime Calvar logrou nos 29 partidos, 23 vitorias 2 empates e 4 derrotas con 120 goles a favor e 34 en contra. O seu máximo artilleiro foi Jose C. da Torre con 31 goles en 21 partidos.

Parabén a todos os compoñentes do equipo e que no futuro sexan a base para que o C.D. Soutomaior milite nunha categoría acorde á súa historia


Publicado en Deportes
Visto 2276 veces