fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Mai 2018 09:33

O Concello de Soutomaior homenaxea aos seus deportistas

O Concello de Soutomaior homenaxea aos seus deportistas

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos diversos deportistas e clubs que nesta tempada próxima a finalizar mellores resultados obtiveron. Esta vez foron os clubs C.D.Arcade, C.D.Soutomaior e Kick Boxing Club Arcade Dirixiuse aos deportistas, adestradores e dirixentes para felicitarlles polos seus éxitos e sobre todo para que sigan mantendo o seu esforzo e perseveranza deportiva para próximas competicións. Como non todas as competicións están finalizadas o Alcalde espera que outros deportistas e clubs poidan ser recibidos no Concello para felicitarlles polos seus éxitos. “Para Soutomaior é un orgullo contar con deportistas como vós, cuxos triunfos contribúen a promocionar o deporte e a reforzar ademais a aposta deste Concello polo deporte”, afirmou. Todos os deportistas recibiron de mans do Alcalde un recordo da súa visita ao Concello e os presidentes de cada club asinaron un convenio de colaboración co Concello de Soutomaior.

C.D.ARCADE

O C.D. Arcade que militaba na 2ª autonómica Galicia conseguiu un desexado ascenso á 1ª autonómica logrado despois de realizar unha tempada con moitos altibaixos e un final de liga irregular que no último partido de liga podo rectificar. O C.D. Arcade disputou nesta liga 34 partidos con 20 vitorias, 5 empates e 9 derrotas con 76 goles a favor e 38 goles en contra. O seu máximo goleador Adrian Buján conseguiu materializar 21 goles en 33 partidos. O C.D.Arcade presidido por Miguel Garcia e o equipo senior que dirixe o adestrador Juan Amoedo ten moitas expectativas positivas para a próxima campaña xa que militará nunha categoría que nunca debeu de abandonar.

KICK BOXING CLUB ARCADE

O Kick Boxing Club Arcade segue cultivando títulos nas distintas modalidades desta disciplina deportiva. Esta vez foi no Campionato de España en “ Tatami Sport” onde obtivo 12 medallas de ouro,11 de prata e 9 de bronce nas distintas disciplinas e categorías que se disputaban. Con iso dobraba no medalleiro ao 2º club clasificado a nivel nacional. Mara Ricón, Nikol Duarte e Sofia Alvarez foron as deportistas como mellores resultados no campionato de España sumando entre as tres 8 medallas O Kick Boxing Club Arcade é o club mais laureado tanto a nivel autonómico como a nivel nacional sobre todo nas categorías basee. O seu adestrador ,Manuel Alvarez “Lito” , confía en seguir subindo o nivel dos seus deportistas xa que os difícil non é chegar a ser o Club nº1 se non manterse nesa posición

C.D.SOUTOMAIOR XUVENIL

Finalizou a liga de xuvenís na que o C.D. Soutomaior proclamouse campión da liga de segunda autonómica (grupo 8) despois de realizar unha magnifica campaña sacando 7 puntos de vantaxe ao segundo clasificado que foi o Marin, C. F. Con iso garantiron o ascenso á 1ª autonómica para a próxima tempada. O equipo dirixido por Jaime Calvar logrou nos 29 partidos, 23 vitorias 2 empates e 4 derrotas con 120 goles a favor e 34 en contra. O seu máximo artilleiro foi Jose C. da Torre con 31 goles en 21 partidos. Continua na competición de copa na que ten obxectivo xogar a final e tentar traer o trofeo para o seu club


Publicado en Deportes
Visto 3100 veces