fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 31 Mai 2018 14:03

Fútbol sala - Final de copa 2017-2018

Fútbol sala - Final de copa 2017-2018

Mañá venres a partir das 21,30 horas celebrarase no Pavillón Municipal da Montesiña a final de copa correspondente á liga local de futbol sala do Concello de Soutomaior. Chegan a esta final os equipos do Innovar e Gimnasio Arcade.

O Innovar clasificouse para a final despois dunha disputadísima semifinal contra o Copy Redondela cun resultado adverso no primeiro partido de 3 a 2 e no segundo impúxose por un apertado 3 a 2. Gañaron a quenda de penaltis e métense na final completando unha magnifica tempada xa que anteriormente proclamáronse campións de liga.

O outro finalista é un clásico na finais de copa o Gimnasio Arcade que despois de clasificarse subcampións na liga plántanse na final de copa eliminando ao Mármores Vergara cun apretado 4-3 no primeiro partido e un contundente 10-1 no partido de volta.

Ao final do partido entregaranse os trofeos correspondentes a esta liga local de futbol sala do Concello de Soutomaior quedando o cadro de honra da seguinte maneira: Campión de Liga: Innovar – 2º Clasificado: Ximnasio Arcade – 3º Elifra

Máximo goleador: Borja Piay do Innovar con 27 goles

Premio á deportividade: Candán Autos


Publicado en Deportes
Visto 1446 veces