Martes, 05 Xuño 2018 12:20

Convocatoria para concesión de axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior

Convocatoria para concesión de axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, convoca as axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

Establécense as bases reguladoras da concesión destas axudas, de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Cando os deportistas sexan menores de idade as axudas terán que ser solicitadas pola nais, pais ou o titores.

Data límite para a presentación de solicitudes: 1 mes, contado a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO. (venres 1 de xuño 2018)

  • Cada deportista só poderá optar a unha única axuda, independentemente do número de modalidades deportivas que practique.
  • Os/as que participen en competicións deportivas oficiais tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.
  • Os/as aspirantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2018
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de  solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.  
  • Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.  
  • Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • As axudas reguladas nas presentes bases concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia
  • As bases para a concesión de axudas pódense consultar en www.soutomaior.com

 

 


Publicado en Deportes
Descargar adjuntos:

18-bases-axudas-deportistas-individuais.pdf (948 Descargas)
Visto 2120 veces

Deportes

Ambientazo na Carreira Infantil da Ostra

Ambientazo na Carreira Infantil da Ostra

28-03-2022 / Deportes

O pasado domingo celebrouse un dos eventos máis esperados polos nenos e nenas de Soutomaior, a Carreira Infantil da Ostra. Un evento deportivo que xa é unha tradición dentro da celebración da  Festa da Ostra e que levabamos dous anos sen poder celebrar por culpa da pandemia. Nesta xornada de deporte e diversión ao aire libre, participaron varios centenares de nenos...

Kick Boxing – Ladies Open

Kick Boxing – Ladies Open

18-03-2022 / Deportes

Esta pasada fin de semana disputouse no Pavillón Municipal da Montesiña  a 1ª edición do LADIES OPEN Un evento exclusivo para mulleres na especialidade de Tatami Sport e nas súas probas...

Carrera infantil da ostra 2022

Carrera infantil da ostra 2022

15-03-2022 / Deportes

O vindeiro domingo 27 de marzo a partir das 11,30 horas volve celebrar a carreira infantil da ostra no Peirao de Arcade. As inscricións poderanse realizar, ata o 23 de marzo...

Campionato Galego de Kick Boxing

Campionato Galego de Kick Boxing

09-02-2022 / Deportes

O Kick Boxing Club Arcade logra un novo éxito no Campionato Galego de Kick Boxing celebrado en Marín (Pontevedra) con 36 ouros, 19 pratas e 10 bronces. Volve ser o club...

Nova cuberta pista pádel

Nova cuberta pista pádel

10-12-2021 / Deportes

Hai uns días finalizou a instalación da cuberta da pista de pádel nº3 que era a única que permanecía ao descuberto e cuxo uso estaba moi por baixo das outras...

Kick Boxing Club Arcade 3º no Spanish Open Kickboxing

Kick Boxing Club Arcade 3º no Spanish Open Kickboxing

24-11-2021 / Deportes

O Kick Boxing Club Arcade logra o terceiro posto na clasificación xeral no Spanish Open Kickboxing celebrado en Benidor do 18 ao 21 de novembro, ademais do primeiro posto por...

Kick Boxing Club Arcade Nº1 en Galicia

Kick Boxing Club Arcade Nº1 en Galicia

13-10-2021 / Deportes

A pasada fin de semana no Irixo (Ourense) celebrouse  a copa Deputación de Ourense e o campionato de clubs de Galicia onde o Kick Boxing Club Arcade proclamouse novamente como...

Escolas Deportivas Municipais 2021-2022 – Grupos e horarios

Escolas Deportivas Municipais 2021-2022 – Grupos e horarios

01-10-2021 / Escolas Deportivas

O vindeiro luns día 4 de outubro iniciaranse as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior onde se inscribiron, entre infantís e adultos, máis de 300 participantes. Debido ao enorme volume...