fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 08 Xuño 2018 12:48

Series Nacionais de Padel

Series Nacionais de Padel

O equipo do Club Tenis & Padel Soutomaior desprázase a Madrid a xogar as series nacionais de Padel nas que se medirán no primeiro partido ao Padel Cobert Alboraya (Valencia)

A cuarta edición das Series Nacionais de Pádel prepárase para vivir os seus dous MASTERS FINAIS que, unha vez máis, disputaranse nas magníficas instalacións dun dos clubs máis importantes do noso país e debido ao elevado número de encontros que terán que disputarse, desde a organización confirmaron que este ano se contará coas pistas de Pozuelo Pádel Club e Club RSC La Finca como sede de apoio.

Segundo o formato de competición, os 12 equipos clasificados en cada categoría enfrontaranse en 3 grupos de 4 equipos. xogarán unha liguiña: sábado mañá, sábado tarde e domingo mañá (1 enfrontamento por quenda).

O mellor de cada grupo pasará á gran final do domingo á primeira hora da tarde.

Os representantes do Concello de Soutomaior disputarán a fase de grupos contra Padel Cobert Alboraya (Valencia), Padel Sport Indoor de Madrid e AD Arcos de Cadiz.

Desde o Concello de Soutomaior felicitamos ao Club Tenis & Padel Soutomaior pola súa clasificación para estas series nacionais e desexamos obteñan bos resultados nesta competición


Publicado en Deportes
Visto 1687 veces