fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 26 Xuño 2018 11:20

Ascenso do Arcadia,E. F.

Ascenso do Arcadia,E. F.

O Arcadia,E. F. de futbol 11 feminino xogará a próxima tempada en 1ª Galega.

Despois de non poder subir directamente na liga, xa que igualou a 99 puntos co Alertanavia, o golaveraje particular impediuno, xogouse a fase de ascenso contra o Villestro de Santiago e o Orzan da Coruña.

Quedaron segundas pero o ascenso a 2ª Nacional do Arousána permítelle ao Arcadia,E. F. ocupar unha praza na 1ª categoría do futbol feminino galego.

 A súa dianteira Lucia Bouzón foi máxima goleadora da competición xa que dos 221 goles do equipo en 36 partidos ela marcou 75.

A porteira Angelita Lopez tamén se proclamou menos goleada da liga encaixando só 25 goles en 36 partidos.

 Felicidades a tod@ s compoñentes do Arcadia,E. F. por esta magnífica tempada

 


Publicado en Deportes
Visto 1808 veces