fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Xullo 2018 14:18

Festa da bicicleta 2018

Festa da bicicleta 2018

Este sábado día 14 a partir das 19,30 horas celebrarase a Festa da Bicicleta no Concello de Soutomaior.
L a saída será desde o Peirao de Arcade para desprazarse ata o Pavillón Municipal onde, despois de avituallarse, retornarase ao sitio de saída.

Haberá un pequeno circuíto pechado para os máis pequenos no mesmo Peirao e lémbrase que é obrigatorio o uso de casco.

Ao final da carreira celebrarase un sorteo de dúas bicicletas e haberá agasallos para moitos dos participantes.

Esta festa da bicicleta, encadrada dentro das actividades de verán, contará coa colaboración do club ciclista Arcade, Policia Local e Protección Civil. O ano pasado tívose que suspender porque a calor era excesivo para unha proba deportiva.

Este ano espérase unha participación de máis de 200 deportistas entre nenos e maiores

 


Publicado en Deportes
Visto 1779 veces