fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 20 Xullo 2018 13:40

Actividades de Verán 2018 - Semana Final

Actividades de Verán 2018 - Semana Final

As actividades de verán do Concello de Soutomaior entran na 4ª e última semana.

Despois dun fin de semana de acampada para os grupos D e E empezaremos a última semana cos grupos dos máis pequenos (A e B) que recibirán a visita duns personaxes d cor amarela con forma de cilindro e xeneticamente humanizados Os Minions

ara o martes unha Ximcana de medio ambiente para os grupos C e D, O Grupo dos maiores (E)terá unha xornada de “ Scape Room” que é un xogo de aventura físico e mental que consiste en solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo dispoñible.

Para rematar as actividades, os grupos A, B e C terán a clásica actividade de Hípica onde poderán montar dacabalo, limpalos, darlles para comer, etc.

Finalizan estas actividades de verán o sábado día 28 a partir das 21,30 h. na Alameda de Tallo Río co Festival de Clausura.

Alí os máis de 350 participantes deste verán 2018 poderán asistir á actuación de “ Uxia Lambona e a Banda Molona” Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina rapeada ata O Jato rockeiro, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os niñ@ s presentes sexan partícipes de leste deas-concerto, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!

Á finalización da actuación proxectarase o vídeo das Actividades de Verán onde os niñ@ s foron os protagonistas. Finalmente a cada participante nestas actividades de verán entregaráselle un recordo da súa participación


Publicado en Deportes
Visto 1688 veces