fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 24 Xullo 2018 13:17

Ultimos días para inscribirse no I Campus de Verán do R. C. Celta en Soutomaior

Ultimos días para inscribirse no I Campus de Verán do R. C. Celta en Soutomaior

Desenvolverase do 30 de xullo ao 3 de agosto no campo Municipal de Candán (Graciano Padín).

O obxectivo desta iniciativa é a de fomentar a práctica do deporte entre a mocidade do municipio ademais de inculcar aos mozos unha cultura deportiva de primeiro nivel xa que todos os adestradores do Campus forman parte do equipo técnico das categorías inferiores do club. Ademais, ,como premio, os mozos que demostren maior calidade deportiva e humana poderán adestrar coas categorías inferiores do club na Madroa e probarse co Celta

A participación no Campus ten un custo de 115 euros para os empadroados no Concello de Soutomaior e 130 euros para os non empadroados e cada participante recibirá un equipamento completo de adestramento do R. C.Celta s.

A inscrición realizarase vía web a través da páxina web da fundación Celta.www.fundacion.rccelta.es


Publicado en Deportes
Visto 1693 veces