fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 09 Agosto 2018 10:59

Curso de Monitor de Fútbol base

Curso de Monitor de Fútbol base

O Concello de Soutomaior acollerá por primeira vez o curso de Monitor de Fútbol base organizado pola Federación Galega.

O alcalde, Agustín Reguera, presentou onte a convocatoria acompañado de Amancio Varela responsable de comunicación da FGF do director da Escola de adestradores, Manuel Mosquera, e os presidentes dos clubs de fútbol do municipio, C.D. Arcade e C.D. Soutomaior.

O curso de Monitor de Fútbol base ten unha carga lectiva de 65 horas que se realizarán de maneira intensiva durante as dúas primeiras semanas do mes de setembro. Entre as materias que se cursarán están cuestións técnicas como a organización de sesións de adestramento, regulamentación, fisioloxía e nutrición dos xogadores, e outras dirixidas á formación persoal dos mozos deportistas como psicoloxía deportiva, liderado e ética deportiva.

A inscrición débese realizar a través do portal da federación galega de fútbol, www.futgal.es, na sección de “ adestradores/ escola”.

O prazo para realizar a inscrición xa está aberto e terminará o 27 de agosto.

O ciclo ten un custo de 150 euros, aínda que o Concello de Soutomaior financiará unha parte do curso aos participantes empadroados.


Publicado en Deportes
Visto 1797 veces