fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 10 Agosto 2018 11:51

XXIV Concentración Seat 600

XXIV Concentración Seat 600

Este domingo día 12 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao.

Unha cita que alcanza este ano a súa XXIV edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o seu primeiro coche, volverán encher as rúas de Arcade de innumerables recordos no seu tradicional percorrido ata o Peirao.

22 clubs dos distintos lugares da comunidade galega e do resto de España farán posible que se reunan preto dun centenar de seat 600.

O sábado 11 desde as 16,00 ás 19,00 horas, no Peirao de Arcade, darase a benvida aos participantes, realizaranse as inscricións e sobre as 22,00 horas terá lugar unha cea de confraternidade.

O domingo a partir das 11,00 horas os participantes concentraranse na chaira do Peirao para ás 11,30 horas realizar unha ruta por distintos lugares da nosa provincia.

Por parte do Concello de Soutomaior farase entrega dun recordo desta concentración a cada unha das agrupacións e clubs participantes


Publicado en Deportes
Visto 2073 veces