fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 24 Agosto 2018 14:03

Moito máis Kaiak

Moito máis Kaiak

“Máis kaiak” continua ata o 2 de setembro

Debido á alta demanda e á boa acollía que tivo a campaña “ Máis Kaiak” o Concello de Soutomaior decide proseguila ata o domingo 2 de setembro.

 “ Máis Kaiak” pon a disposición dos usuarios que o demanden un servizo de aluguer de kaiaks a uns prezos moi asumibles.

Nas praia do Peirao de Arcade poderanse alugar os kaiaks desde o día 26 de agosto ao domingo 2 de setembro.

Os horarios serán pola mañá de 11 a 14 horas e pola tarde de 16,00 a 20,00 horas.

 O prezo será de 1 € para os empadroados no Concello de Soutomaior e de 2 € para os restantes usuarios.(20 min).

Os menores de idade terán que ir acompañados dun adulto responsable ou ben lle acompañarán un monitor da actividade


Publicado en Deportes
Visto 2125 veces