Deportes
Deportes +
O Concello de Soutomaior inicia os traballos de reforma no campo de fútbol Municipal de Candán ( Graciano Padín) e que é unha das distintas melloras nas instalacións deportivas do Concello que están previstas como as do pavillón municipal e as do campo de fútbol de Salgueirón entre outras.
A mellora consistirá na construción dun novo local social para o CD Soutomaior, unha nova cuberta para a zona da bancada e dúas novas torretas de iluminación de tecnoloxía led.
Os traballos contan cun orzamento de 90.000 euros financiados entre o Concello de Soutomaior, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
O novo local social, anexo á zona da cantina do campo, contará con máis de 40 metros cadrados e permitirá ao CD Soutomaior contar cunha nova zona habilitada para sala de reunións, exposición de trofeos, actos do club e outros usos similares. Contará con todos os servizos habituais e dispoñerá de iluminación led e carpintería de pvc.
A cuberta da zona da bancada, que soporta o actual sistema de iluminación, desmontarase por completo e substituirase por unha nova de panel sándwich de 30mm rematada perimetralmente para a recolección de augas e a súa derivación á rede de pluviais. Desta maneira, a iluminación pasará a estar situada nas novas torretas que se instalarán nas próximas semanas e que albergarán os focos de tecnoloxía LED.
Por último, levarán a cabo diversas melloras na habitabilidade do recinto como luces de emerxencia, sinalización, extintores, reforma da cantina e a instalación dunha canaleta exterior para a recolección de pluviais en todo o campo.
A mellora no Campo de Fútbol de Soutomaior forma parte do programa municipal para a modernización das instalacións deportivas.
Deportes
28-03-2023 / Deportes
A carreira da Ostra desta mañá foi algo incrible. Preto de 500 participantes e moitos máis espectadores/as xuntáronse no Peirao de Arcade para gozar deste gran evento deportivo. Estamos moi satisfeitos co resultado. O nosos parabéns a todos os gañadores e gañadoras e moitísimas grazas aos/ás que participastes, vos sodes o motivo polo que seguimos organizando actividades de lecer saudable para...
24-03-2023 / Deportes
Este domingo celebramos unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra que, como cada ano, reunirá a centos de familias no peirao e a moitos atletas que competirán nas distintas...
13-03-2023 / Deportes
Xa está aquí unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra. O Domingo día 26 deste mes centos de nenos e nenas correrán no Peirao de Arcade nun gran evento...
31-10-2022 / Deportes
O pasado venres celebramos a IV Gala do Deporte Concello de Soutomaior. Presentada polo xornalista da TVG, Terio Carrera, ata 30 deportistas subiron ao escenario do Multiúsos para recibir os...
09-09-2022 / Escolas Deportivas
A partir deste lúns día 12 de setembro e ata o día 23 deste mes, todos os interesados poderán inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais, que ofertan unha gran variedade de...
01-08-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
O pasada sábado Talo Río encheuse de familias que acudiron ao Festival de Clausura das Actividades de Verán. Empezamos cunha obra de teatro que encantou aos/ás máis cativos/as, para despois dar...
26-07-2022 / Deportes
A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón...
21-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
Na última semana de actividades de verán deste ano, a cativada gozará de sesións de contacontos, hípica, actividades acuáticas, obradoiros de pintura e moito máis. Ademais, o sábado día 30...
Deportes +