fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 12 Setembro 2018 13:19

Melloras en instalacións deportivas

Melloras en instalacións deportivas

 O Concello de Soutomaior inicia os traballos de reforma no campo de fútbol Municipal de Candán ( Graciano Padín) e que é unha das distintas melloras nas instalacións deportivas do Concello que están previstas como as do pavillón municipal e as do campo de fútbol de Salgueirón entre outras.

A mellora consistirá na construción dun novo local social para o CD Soutomaior, unha nova cuberta para a zona da bancada e dúas novas torretas de iluminación de tecnoloxía led.

Os traballos contan cun orzamento de 90.000 euros financiados entre o Concello de Soutomaior, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

 O novo local social, anexo á zona da cantina do campo, contará con máis de 40 metros cadrados e permitirá ao CD Soutomaior contar cunha nova zona habilitada para sala de reunións, exposición de trofeos, actos do club e outros usos similares. Contará con todos os servizos habituais e dispoñerá de iluminación led e carpintería de pvc.

A cuberta da zona da bancada, que soporta o actual sistema de iluminación, desmontarase por completo e substituirase por unha nova de panel sándwich de 30mm rematada perimetralmente para a recolección de augas e a súa derivación á rede de pluviais. Desta maneira, a iluminación pasará a estar situada nas novas torretas que se instalarán nas próximas semanas e que albergarán os focos de tecnoloxía LED.

Por último, levarán a cabo diversas melloras na habitabilidade do recinto como luces de emerxencia, sinalización, extintores, reforma da cantina e a instalación dunha canaleta exterior para a recolección de pluviais en todo o campo.

 A mellora no Campo de Fútbol de Soutomaior forma parte do programa municipal para a modernización das instalacións deportivas.


Publicado en Deportes
Visto 2057 veces